domingo, 19 de enero de 2025

CONTROL DE PRAGAS

 

 

Na foto aparece Mauricio Repetto, edil en funcións de Transición Ecolóxica. xunto a un dos nosos compañeiro realizando as tarefas de desratización, fronte ao sumidoiro que se atopa ao carón da noso oficina da rúa Clérigos, no centro.

Tratáronse máis de 870 rexistros de alcantarillado en nove sectores de Lugo, empregando técnicas específicas de desratización.

A intervención ampliouse recentemente á zona centro da cidade, atendendo as peticións veciñais.

     Concello de Lugo acadou un estado óptimo no control de pragas urbanas grazas ás fases de choque impulsadas no outono pola concellería de Transición Ecolóxica. Durante esta primeira intervención, actuouse sobre nove sectores do municipio e en 871 rexistros de alcantarillado, garantindo un entorno urbano seguro e libre de pragas. Recentemente, reforzouse esta actuación cunha intervención específica na zona centro da cidade, atendendo ás peticións trasladadas pola veciñanza.

 A intervención incluíu un despregue intensivo de técnicas de desratización. Para isto, aplicáronse bloques de rodenticida resistentes á humidade, deseñados especificamente para atraer os roedores e asegurar un alto nivel de efectividade. Os traballos abrangueron tanto o alcantarillado como as redes de semáforos e alumeado en 90 rúas, cunha revisión exhaustiva que garantiu a ausencia de roedores nos rexistros. Nas últimas semanas, reforzouse esta actuación principalmente no centro da cidade, en puntos como a Praza Maior, a Praza do Campo Castelo, a Rúa San Marcos, a Rúa Nova e o Carril dos Fornos, así como noutras zonas onde foi requirido pola veciñanza, como a Praza Viana do Castelo e a Rúa Manuel María. Estas intervencións continúan garantindo que o 98,9% das arquetas tratadas presenten un grao de infestación leve e que ningún dos sectores avaliados rexistre infestación grave, consolidando a efectividade do dispositivo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

ISTO EN LUGO NON SERIA POSIBLE