domingo, 19 de enero de 2025

DEPOSITO DE RESIDUOS NA VIA PUBLICA

 

 

    Por parte dos axentes da Unidade Territorial de Policía de Barrio e do Grupo Operativo Nocturno, estase a levar a cabo un dispositivo especial para identificar veciños e comerciantes que botan bolsas e caixas de residuos na vía pública, sen facer uso dos colectores destinados a tal fin. Esta conduta causa un trastorno importante ao servizo de recollida, ademais de problemas de salubridade.

    Durante a tarde do xoves, identificouse e denunciouse un veciño da rúa Progreso por botar unha bolsa do lixo no acceso a unhas galerías comerciais, un dos puntos máis afectados por esta situación. De xeito habitual, en determinadas rúas e determinados portais, sempre aparece unha bolsa ou máis con lixo procedente do fogar, ainda que o colector estea a poucos metros do lugar en cuestión. E un hábito. E isto ocorre na rúa do progreso, na rúa Doutor Castro, na rúa da Raiña, na praza de Santo Domingo, debaixo dos soportais de Quiroga Ballesteros, debaixo dos soportais da praza maior, no recuncho de Clétigos, ao carón da papeleira da Porta de Santiago, na rúa San Froilán, etc.

    ¿Qué pensaría un visitante da cidade? Ou que en Lugo non hai recollida de lixo o cal non é certo, dado que existe un servizo ben establecido ou que a xente que vive no centro de Lugo, "os señoritos" que tanta fachenda teñen cando lles dis algo, son uns porcos. ¿Decida o lector!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

ISTO EN LUGO NON SERIA POSIBLE