Iníciase a instalación de 60 colectores de aceite doméstico nas parroquias do rural, co obxectivo de favorecer a súa reciclaxe e posterior reutilización.
Esta é unha prestación que leva meses instaurada no centro da cidade e, a través da cal, se recolleron no primeiro cuadrimestre de ano un total de 5.998 kilos deste tipo de residuos, a razón de 790 kg en xaneiro, 1.130 kg en febreiro, 2.040 kg en marzo e outros 2038 kg en abril.
Di Miguel Fernández, responsable da Concellería de Medio Ambiente, que
“Lugo é a primeira cidade de Galicia que dispón deste tipo de
contenedores aos que se lle aplica un recubrimento especial chamado
PurifAir, que limpa o aire dos contaminantes habituais na atmósfera
contribuíndo a eliminar a contaminación no ambiente ate un 70%”.
Segundo el, unha familia de catro membros é capaz de xerar ata 250 litros de aceite usado ao ano e que un litro de aceite botado polo vertedoiro contamina ata 1.000 litros de auga, o equivalente ao que bebería unha persoa nun ano e 3 meses pero, ademais, supón atascos e malos cheiros nas tubaxes de saneamento (unha verdade como un templo), dificultando o funcionamento das depuradores.
De aí, que se repartiran de xeito gratuíto 5600 embudes entre a poboación para facilitar a súa recollida.
O aceite reciclado será reutilizado para a fabricación de biodiésel, un biocarburante con baixas emisións de CO2. Por cada litro de aceite tratado obtense case un litro de biodiésel. A empresa PMA (Protección Medio Ambiental) é a encargada da recollida do aceite.
Por un Lugo máis limpo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario