miércoles, 15 de febrero de 2023

MELLORA: PROXECTO DE RECOLLIDA SELECTIVA DE ACEITES DE COCIÑA

    

A persoa que me atendeu apartouse para facer a foto.

    Nin unha gota* máis sen reciclar!

    Con este lema iniciase unha campaña de concienciación sobre os veciños de Lugo para facer uso dos novos contedores instalados por Ecolugo para a recollida de Aceite usado nos fogares. Contedores que son de cor gris maiormente, non laranxa, máis de 50 instalados en toda a cidade.

    Di unha información dispoñible a todos que unha familia de 4 membros é capaz de xerar ata 20 litros de aceite usado ao ano. 

    Se di que 1 litro de aceite botado polo fregadeiro contamina 1.000 litros de auga, o equivalente ao que bebería unha persoa nun ano e tres meses (2 litros ao día).

    Tamén se nos fai entender que esta contaminación afecta directamente aos custos municipais en saneamento.Supòn atascos e malos cheiros en tuberías e dificulta o funcionamento das depuradoras provocando avarías cun alto custo económico. 

    Calquera pode achegarse e recibir esta información de maneira detallada na carpa instalada ao carón do Concello onde amablemente se atende a todo o mundo.

 

 Contenedor de aceite

Que beneficios se obteñen?

- Eliminar malos cheiros das cañerías e evitar atascos nas tuberías.

- Convertemos un residuo nun recurso: producimos biodiesel.

- Contribuímos ao bo funcionamento das depuradoras, aforrando custos de mantemento.

Como debemos reciclar o noso aceite de cociñar?

Podemos usar botellas de auga embotellada baleiras, tanto de 1,5 litros como de 5 litros. Nunca debemos empregar botellas de vidro. O adaptador que nos proporcionan gratuitamente desde o Concello, enrosca nas de litro e medio e encaixa perfectamente nas de 5 litros. E o que se amosa de seguido.


 

O que se nos suxire é:

- Ir engadindo nunha botella o aceite de cociñar que xa non podemos reutilizar.

- Cando teñamos chea a nosa botella, levala ó contedor máis cercano. E tranquilos! Pretendese colocar na cidade máis de 50, con unha capacidade de 240 litros cada un. Debemos asegurarnos de que estea ben pechada para evitar derrames.

Un recordatorio. Non debemos verter aceites de coches ou pinturas. Só aceites de cociñar.

* Pinga

No hay comentarios:

Publicar un comentario

ISTO EN LUGO NON SERIA POSIBLE