Falamos da información aparecida nun artigo publicado o 7 de agosto deste ano. Como ben se pode ver, fala de un incrementento da reciclaxe de cartón dun 54%. Tamén se fala de que a porcentaxe de residuos plásticos e latas ascendeu preto dun 20% respecto ao mesmo período de 2022.
Di D. Miguel Fernández, responsable do área de Transición ecolóxica e Impulso Rural:
“Existe un aumento do compromiso medioambiental entre a poboación que responde non só a modernización dos equipamentos senón tamén a un traballo de concienciación efectivo, o que contribúe substancialmente a ter unha cidade máis limpa, mellor coidada, e que ofrece unha maior calidade de vida”.
Todo o que sexa mellora, benvido sexa.
Segue a haber moito cartón ao carón dos contedores, non en poucas
ocasións, con eles baleiros, tendo que rompelo para intriducilo o barrendeiro. E faltan contedores de cartón en zonas
estratéxicas: rúas moi habitadas como a Avda da Coruña, preto de
supermercados, froiterías e negocios de ampla venta. E no centro,
conviña ou baleirar máis de cotío os soterrados ou implementar cas illas
ecolóxicas algúns deles. Gardadas ata a noite no cuartelillo non fan a
súa labor. E si, naturalmente concienciar á cidadanía do seu correcto uso, en
especial, a algúns negocios de hostalaría.


No hay comentarios:
Publicar un comentario